Cervantes Saavedra, Miguel de

Don Quijote de la Mancha / Miguel de Cervantes Saavedra; VV.AA. - 1ª ed. - Barcelona :Vicens Vives ,2004 - 472 p. :il. cor ;23 cm

Cervantes escribiu o Quixote coa intención de parodiar os libros de cabalería, que consideraba meros despropósitos carentes de interese. Para conseguir o seu obxectivo, ideou a historia dun señor do pobo que se volve tolo lendo as inverosímiles fazañas de heroes como Amadís e Palmerín, e que, como cabaleiros andantes, sae ás estradas co nobre desexo de axudar aos máis necesitados. En compañía do afable e crédulo Sancho Panza, Don Quixote participa nunha serie de tolas aventuras que provocan a hilaridade do lector. Porén, Don Quixote é moito máis que unha simple novela de humor, xa que constitúe unha lección maxistral sobre a grandeza e a miseria da condición humana. Da man dun heroe que actúa como un tolo pero que moitas veces razoa cunha cordura admirable, Cervantes revélanos a importancia dos ideais, alúmanos sobre o valor da liberdade e da xustiza, advírtenos de que non sempre é doado distinguir a realidade da aparencia e anima a crer nunha literatura que, ao tempo que nos distrae, nos ensina a vivir e ilumina o noso espírito.

3º-4º ESO 1º-2º BAC

8431673966


Cabaleiros
Aventuras
Loucura
Liberdade
Xustiza

82 N

Coa tecnoloxía Koha