Quemar libros : una historia de la destrucción deliberada del conocimiento / Richard Ovenden ; traducción castellana de Silvia Furió
por Ovenden, Richard (1964-) [autor/a]
; Furió, Silvia [tradutor/a]
.
Tipo: | Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Dispoñibilidade | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
|---|---|---|---|---|---|---|
| Prestable | IES María Soliño Sala préstamo | 17 OVE que | Dispoñible | PED051000015131 |
|
Contén créditos das ilustracións e notas.
Contén índice alfabético e bibliografía.
Tomando como punto de partida a infame queima de libros «non alemáns» e xudeus de 1933, que daba unha idea bastante inequívoca sobre as intencións dos nazis, Queimar libros mergúllanos nunha viaxe de 3000 anos a través da destrución do coñecemento e a loita por preservalo.
Richard Ovenden, director da mundialmente coñecida Bodleian Library de Oxford, cóntanos que os ataques a bibliotecas foron unha constante histórica desde a antigüidade, pero incrementaron a súa frecuencia e intensidade na Idade Moderna. As bibliotecas son moito máis que almacéns de literatura; ao conservar documentos legais como a Carta Magna ou rexistros censuais, tamén defenden a lei e os dereitos dos cidadáns. Neste fascinante libro Ovenden traza unha análise completa, desde o que realmente sucedeu coa Biblioteca de Alexandría ata os papeis da xeración Windrush, e desde Donald Trump borrando tweets vergoñosos ata John Murray queimando as memorias de Lord Byron en nome da censura.
Esta obra é, á vez, unha gran historia da civilización e un manifesto sobre a vital importancia das bibliotecas físicas nunha era cada vez máis dixital, pero Queimar libros é tamén unha historia humana á que dá vida unha sorprendente repartición de aventureiros, arqueólogos autodidactas, poetas, activistas… e, por suposto, os bibliotecarios e o heroico camiño que percorren para conservar e rescatar o coñecemento e garantir así a supervivencia da civilización.