Miguel Primo de Rivera : dictadura, populismo y nación / Alejandro Quiroga Fernández de Soto
por Quiroga Fernández de Soto, Alejandro (1972-) [autor/a]
.
Tipo: | Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Dispoñibilidade | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
|---|---|---|---|---|---|---|
| Prestable | IES María Soliño Sala préstamo | 929 QUI mig | Dispoñible | PED051000015345 |
|
Fronte ás interpretacións tradicionais que o definen como un home campechano, sen unha ideoloxía clara e impulsor dunha ditadura paternalista moi afastada do fascismo italiano, esta obra descríbenos a un político astuto, ambicioso e con moi poucos escrúpulos, que impulsou un réxime nacionalista, autoritario e profundamente represivo en liña co resto das ditaduras europeas contemporáneas.
Primo de Rivera foi o creador do populismo de dereitas en España ao denunciar aos políticos profesionais como elites corruptas e parasitarias da nación, organizar unha comunicación política baseada en noticias falsas e presentarse como o líder mesiánico que levaría a cabo a vontade do pobo. Tras máis de dúas décadas de investigación, Alejandro Quiroga ofrécenos un estudo fascinante sobre un home, un tempo e un lugar contraditorios, convulsos e complexos: unha obra fundamental para entender non só a historia de España do último século, senón tamén factores crave da política contemporánea como o populismo e o nacionalismo
1º-2º BAC